Excursión a Perlim (inscrición previa)

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE ESTE MÉRCORES E XOVES A INSCRICIÓN PARA A EXCURSIÓN A PERLIM O 27 DE DECEMBRO
Trátase do parque temático de Nadal máis grande de Portugal e o prezo total é de só 6,50 €/persoa para favorecer a inscrición de familias completas
Nigrán 16/12/24.- O Concello de Nigrán ofrece un ano máis unha excursión ao parque temático de Nadal máis grande de Portugal, Perlim, o venres 27 de decembro e a un prezo popular. A inscrición será o mércores e xoves, 18 e 19 de decembro, na Oficina de Información do Concello de Nigrán de 9:00 a 14:00 horas estando limitada a 100 prazas que seguirán unha rigorosa orde de inscrición con prioridade para os empadroados en Nigrán e familias con criazas. O prezo é de 6’50 €/persoa (os menores de 3 anos non pagan) en concepto de entrada ao parque, xa que o Concello sufraga o transporte. A hora prevista de saída é as 10:30 horas e a de chegada ás 22:30 horas.
Ubicado en Santa María da Feira, cerca de Espinho e Oporto, abre as súas portas un Nadal máis para que os máis pequenos se adentren nun mundo de maxia e diversión: Laponia, o oeste, contacontos, monicreques, teatro, pista de xeo, tren, tirolinas….
