Insrición obradoiro de cómic (MANGA)

FORMULARIO DE INSCRICIÓN:

https://forms.gle/wZi6ucqWoqreukFr7

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE DO 22 AO 29 DE XULLO UN OBRADOIRO GRATUÍTO DE MANGA PARA CRIANZAS

Está dirixido a 12 crianzas empadroadas en Nigrán de 8 a 17 anos e a inscrición realizarase desde o mércores 10 través dun formulario web en www.nigran.es

Nigrán, 09/07/24.- O Concello de Nigrán ofrece novamente este verán un obradoiro gratuíto de banda deseñada (manga) do 22 ao 29 de xullo impartido pola licenciada en Belas Artes e especialista na materia Coral Martínez, profesora da Escola Municipal de Comic de Nigrán creada o curso pasado. Este está dirixido a crianzas empadroadas en Nigrán de 8 a 17 anos e a inscrición debe realizarse a partir do mércores 10 de xullo nun formulario web en www.nigran.es, distribuíndose as 12 prazas por rigorosa orde de solicitude (posteriormente comprobaranse os datos das crianzas). O obradoiro terá lugar na sala infantil da Biblioteca Municipal de Nigrán de 10:00 a 12:00 horas (o xoves 25, festivo nacional, non se celebrará).

“Ao igual que ofrecemos campus deportivos a través dos diferentes clubes do municipio, con esta iniciativa que arrancamos o ano pasado engadimos unha disciplina máis artísticas para cubrir outros intereses das crianzas”, indica o alcalde, Juan González.