
O CONCELLO DE NIGRÁN ENGADE FITNESS NO PAVILLÓN MUNICIPAL ÁS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DO VERÁN
Ofrece clases monitorizadas en 6 quendas diferentes cun máximo de 10 alumnos. Comeza este mesmo luns 17 de xuño e hai que inscribirse previamente
Nigrán 12/06/24.- O Concello de Nigrán engade este verán a súa oferta deportiva a actividade de fitness no Pavillón Municipal en clases dirixidas por un monitor e con 10 persoas como máximo. Estas son gratis, comezan este luns 17 de xuño e desenvoveranse en 6 sesións diferentes, debendo o usuario interesado inscribirse nun horario concreto a través dun formulario web pendurado en www.nigran.es.
A maiores, e como cada verán, o Concello ofrece en xullo e agosto de xeito gratuíto no complexo deportivo Dunas de Gaifar a actividade de zumba (luns, mércores e venres ás 11:00 e 19:00 horas), pilates (luns e mércores ás 10:00 e 20:00 horas), Tai-chi (martes e xoves ás 11:00 e 19:00 horas), Ioga (martes e xoves ás 10:00 e 20:00 horas). En ningún destes casos hai que inscribirse previamente.


