Xornadas de portas abertas de BALONMÁN

OS CONCELLO DO VAL MIÑOR E O CLUBE ‘6 DO NADAL’ UNEN FORZAR PARA PROMOVER O BALONMÁN DESDE A INFANCIA CON XORNADAS DE PORTAS ABERTAS GRATUÍTAS

Terán lugar nos tres municipios (Nigrán, Baiona e Gondomar) e están dirixidas a crianzas de categorías benxamín, alevín e infantil. A inscrición está aberta no link https://valminor.seisdonadal.com

Nigrán, 18.09.26.- Os tres concellos do Val Miñor e o ‘Club Seis do Nadal’ unen forzas para promover o balonmán na infancia da comarca convocando seis sesións de portas abertas totalmente gratuítas a partir da vindeira semana e dirixidas a crianzas de categorías benxamín, alevín e infantil (é dicir, nados/as entre os anos 2014 e 2018). Estas terán lugar nos respectivos municipios, sendo en Nigrán o 22 e 29 de setembro (CEIP Humberto Juanes de 16:00 a 17:30 horas), en Gondomar o 23 e 30 de setembro (Pavillón Bernabé Costas de 16:30 a 18:00 horas) e Baiona o 25 de setembro e 2 de outubro (Pavillón de Covaterreña de 16:30 a 18:00 horas). As inscricións a estas xornadas están xa abertas a través do link: https://valminor.seisdonadal.com

A iniciativa, que conta co apoio da Federación Galega de Balonmán, foi presentada onte na Alameda da Ramallosa coa presenza do alcalde de Nigrán, Juan González, e o seu concelleiro de Deportes, D. Roberto Garrido; a concelleira de Deportes de Baiona, Dna. Ana María Iglesias; a concelleira de Deportes de Gondomar, Nuria Lameiro; así como o presidente do Club Balonmán Seis do Nadal, Víctor Dorado, xunto con Leonela Garcés, adestradora encargada das escolas.

O obxectivo é captar aos futuros participantes nas escolas de balonmán que se organizarían de outubro a maio no Val Miñor, para así ocupar o baleiro que este deporte ten na comarca, unha das poucas da provincia de Pontevedra que non conta cun club desta modalidade deportiva. Alén de adestramentos, os participantes poderán competir en torneos amigables que se organizarán mensualmente na comarca. O obxectivo último é poder crear equipos que participen nas competicións oficiais organizadas pola Federación Galega de Balonmán.