LIMPEZA DE PELLETS NA MADORRA

O CONCELLO DE NIGRÁN CONVOCA UNHA LIMPEZA DE PELLETS NA MADORRA

Está organizada novamente polo Concello, Escolas de Surf e Club Marítimo de Panxón a partir das 16:00 horas

Nigrán 10/01/24.- Concello de Nigrán, Asociación de Escolas de Surf de Patos e Club Marítimo de Panxón fan un novo chamamento á cidadanía para retirar pellets procedentes do mercante Toconao mañá xoves desde as 16:00 horas na praia da MadorraPreto de 150 persoas acudiron á chamada do martes en Patos e agora o esforzo concentrarase na Madorra.

Estamos a facer un seguimento continuo e de momento aquí aparecen en pequenas cantidades pero a previsión é que cheguen máis. O obxectivo é ir actuando conforme evolucione a situación para ‘liberar’ a area destes plásticos e de todos os demais que, desgraciadamente, sempre hai“, sinala o alcalde, Juan González, que lamenta “a tardanza da Xunta na toma de decisións”. “Van moi por detrás do problema en lugar de tomar a iniciativa, actúan como se non fosen o goberno de Galicia, a Historia se repite”, lamenta.


Un saúdo,