Análise de fontes
Concellería de Sanidade realiza trimestralmente controis analíticos ás augas dos mananciais das aproximadamente 150 fontes públicas catalogadas no Municipio.
Segundo a lexislación vixente, RD 140/2003, considérase que unha auga é “Non apta para consumo humano” cando algún dos resultados dos parámetros analizados supera ou incumpre os valores lexislados. Así mesmo sinala que as augas de consumo humano deberán ser desinfectadas, xa que o feito de dispoñer dun baixo nivel de desinfectante residual achega Garantía Sanitaria. Por tanto, a pesar dos controis analíticos anuais que o Laboratorio realiza a cada fonte, aínda que os resultados obtidos Cumpran coa lexislación vixente, isto non é suficiente para establecer unha garantía sanitaria nestas augas.