Programa “Xuntos polo Nadal” (Xunta de Galicia)
Este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, está destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Prazas e destinos
Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:
- 120 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.
- 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense.
Datas e servizos
Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2017 e o día 7 de xaneiro de 2018 e comprende os seguintes servizos:
- Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
- Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
- Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
- Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo.
Persoas beneficiarias:
a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
b) Estar empadroado nalgún concello galego.
c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou de conduta non compensados que poidan alterar a convivencia.
Solicitudes:
As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.
O prazo de presentación:
Ata o día 17 de novembro 2017 incluído
Mais información: