Os xuvenís do C.C.D. A Carrasca protagonizan a categoría por equipos do Torneo 24 horas de Birlo Celta

O C.C.D. Bolos da Carrasca acolleu o pasado fin de semana o tradicional Torneo 24 horas de Birlo Celta, que nesta edición congregou a máis de 70 xogadores de 20 equipos prioritariamente do Val Miñor, aínda que tamén visito a cancha nigranense algún equipo doutros puntos da provincia.

Na categoría por equipos, os equipos de Gondomar lideraron a competición, obtendo o primeiro posto o Peitieiros B -con Francisco Javier Regueiro, Luís Enrique Pintos e Diego Camesella-, o segundo o A Xunqueira -Aníbal Bieitez, Alberto González e Esteban Fernández-, e o Ceán D o terceiro posto, con Gabriel Fernández, Agapito González e Darío Fernández como xogadores.

Os xuvenís da Carrasca protagonizaron a categoría individual. Aínda que non obtiveron o primeiro posto, que recaeu sobre Daniel Gómez, do Peitieiros, o segundo e o terceiro posto foron para os locais Pablo Riveiro e Adrián Rouco.