O Torneo Internacional de Vóley Praia de Patos congregará a 150 xogadores

O Torneo Internacional de Vóley Praia de Patos congregará na súa oitava edición a 150 xogadores de entre 14 e 60 anos. En total, 24 equipos con xogadores tanto amateurs como profesionais que disputarán o trofeo ao longo da xornada do domingo, entre as 9.00 e as 21.00 na pista habilitada no areal de Nigrán. A mañá do sábado será para os máis pequenos, coa celebración dunha xornada que servirá de aperitivo para a competición do domingo.