O Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra executa o plan de conservación da Píllara das dunas en Praia América

O Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra está a protexer os nidos de Píllara das dunas que se atopan no areal e sistema dunar de praia América, nunha acción enmarcada dentro do Plan de Conservación e Recuperación de Especies Ameazadas da Xunta de Galicia, máis concretamente, do plan de conservación da Píllara das dunas.

Este traballo, levado a cabo polos axentes e vixiantes de Conservación da Natureza, está apoiado por un grupo de voluntarios que tamén se encargan do seguemento e custodia dos niños e dos avisos a este servizo provincial cando é preciso a súa participación.

A protección dos niños consta dun xaulón anti depredadores e, no caso no que sexa necesario, a instalación dun valado protector formado por postes fincados na area e cable ou cinta sinalizadora, para evitar a entrada de curiosos nun perímetro estimado de entre 15 e 20 metros de radio, necesarios para permitir aos proxenitores continuar coa posta e a incubación.

Este valado solo se colocará no caso de que sexan identificados os niños na parte do areal fora da protección das dunas. O conxunto se completa cun pequeno cartel. A día de hoxe se teñen identificado e protexido dous niños atopados dentro da zona dunar.

Esta iniciativa súmase a outras realizadas polo goberno municipal como a tramitación da denominación ENIL (espacio natural de interese local) para o ecosistema dunar praia América e Panxón, a recuperación do proxecto de recuperación dunar, valorado en 50.000 euros e a piques de perderse pola xestión do anterior gobernó, ou a inclusión das dunas de praia América e Panxón dentro do inventario dos sistemas dunares de España.