O equipo redactor entrega o PXOM axustado aos informes dos técnicos municipais

O Plan Xeral de Ordeación Municipal (PXOM) atópase de volta nas instalacións municipais, tras axutalo a empresa redactora aos informes elaborados polos técnicos municipais.”Tras os informes técnicos e xurídicos realizados por persoal municipal nos derradeiros meses do ano pasado, a empresa redactora presentou o documento adaptado a ditos informes, listo para levalo a súa aprobación inicial”, avanzou o rexedor municipal, Alberto Valverde.

Nas vindeiras semáns, procederase a convocar o pleno para levar o PXOM a súa aprobación inicial, así como á celebración das reunións informativas por parroquias previas a súa aprobación inicial, adiantadas por Valverde. “En canto teñamos unha quedan pechada, informaremos a todos os veciños das datas previstas para as reunións, có fin de explicar parroquia por parroquia o contido do documento”, engadiu.