Nigrán recibe o entroido con 17 comparsas inscritas

Nigrán recibe o entroido cun éxito de participación no concurso de comparsas sen precedentes, con dezasete comparsas integradas por máis de 600 persoas procedentes de Nigrán, Gondomar, Tui, Redondela, Tomiño e Vigo.

Se as condicións meteorolóxicas permíteno, o concurso, presentado por Isla Letriska, comezará ás 17.00 horas na Avda. de Praia América, e prolongarase durante dúas horas e media, nas que o dezasete comparsas inscritas desfilarán co obxectivo de obter as mellores puntuacións do xurado e facerse cun belisco dos 2.850 euros en premios que o concello repartirá entre as nove mellores comparsas.

Así mesmo, o goberno municipal concederá a aquelas comparsas pertencentes a asociacións culturais e ou veciñais inscritas no rexistro municipal de asociacións unha dotación adicional de 300 euros por colectivo.

Máis programación
O goberno municipal complementará a programación do Entroido 2014 coa celebración de talleres infantís baixo o slogan “A procura do tesouro”, que terán lugar no Pavillón Municipal de Panxón o luns 3 de marzo a partir das 17.00 horas, e un concurso infantil de disfraces o día 4, tamén no pavillón e á mesma hora, con máis talleres e inchables gratuítos para os máis pequenos.

Enterro da sardiña
Para despedir o entroido, Nigrán celebrará o tradicional enterro da sardiña o mércores 5 a partir das 19.00 horas, na contorna da Ramallosa. O goberno convida aos máis pequenos da casa a colaborar na organización do enterro, participando nuns talleres infantís que se celebrarán no Centro Comercial da Ramallosa do 17 ao 21 de febreiro, a partir das 17.00 horas.