Medio Ambiente e o Concello de Nigrán colaborarán na restauración e protección do Río Muiños

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, asinaron recentemente un protocolo de colaboración para a planificación e execución dos traballos de restauración e protección do río Muíños no Concello de Nigrán.

Augas de Galicia e o Concello traballarán coordinadamente na recuperación e posta valor do cauce deste río, no tramo que discorre entre Praia América e Chandebrito, así como no espazo natural configurado polo contorno das súas marxes, dun alto valor ambiental.

Para acadar este obxectivo, levaranse a cabo traballos de limpeza integral e rexeneración de cauce, consistentes na limpeza do mesmo e das superficies de ribeira coa retirada de fangos e materia vexetal depositada, que obstaculiza o fluxo do río. Potenciarase a recuperación da flora e fauna autóctona.

Tamén se realizará a mellora integral do sendeiro existente, coa eliminación de material vexetal que obstaculice o paso e a circulación peonil, co obxectivo de acondicionar a zona para a recuperación e creación dun sendeiro peonil.

Ambas entidades tamén colaborarán na creación dos cruces e conexións entre ambas marxes e mellora da accesibilidade ao mesmo, así como a recuperación de bens pertencentes ao patrimonio cultural municipal.

No marco desta colaboración, Augas de Galicia emitirá un informe que implicará o outorgamento de todas as concesións e autorizacións precisas para levar a cabo as actuacións de restauración ecolóxica do río Muíños.

Non obstante, ambos departamentos achegarán os recursos humanos e materiais dispoñibles que sexan precisos para o cumprimento dos obxectivos.

Pola súa banda, o Concello de Nigrán deberá remitir a Augas de Galicia o proxecto de acondicionamento, contratar as obras a executar e controlar, dirixir e executar as actuacións necesarias.

Río Muiños, espazo de referencia
Neste sentido, o rexedor municipal adianta que o concello xa ten reservados máis de 970.000 euros para as actuacións de restauración e protección nas márxenes do Río Muiños. “Dentro destas, atópase a recuperación de toda a senda peatonal, entre Praia América e Chandebrito, cuxo proxecto está na fase de redacción, con data límite de entrega límite ao concello en marzo de 2014”, sinalou Valverde.

Así mesmo, está a construcción dunha pasarela que dea continuidade á senda á altura da autopista AG-57, actuación que está na fase previa á constratación da obra. “A pasarela peatonal conectará ambos márxenes do cauce e o sendeiro do Río Muiños no ámbito do parque empresarial Porto do Molle, hoxe interrompido no punto de cruce coa autoposta”, explica o rexedor.

Entre os obxectivos desta actuación destacan resolver a accesibilidade entre os márxenes do cauce fluvial, conectando o tramo do sendeiro fluvial augas arriba có Camiño de Rosiña, ao tempo que facilitará notablemente a accesibilidade desde asentamentos rurais próximos ao río.

“A execución completa das actuacións de restauración e protección das márxenes do Río Muiños e o seu sendeiro fluvial mellorará as condicións duns dos tesouros naturais de Nigrán, ao tempo que fará deste un espazo de ocio e esparcimento de referencia na provincia”, garantizou Valverde.