Máis de 70 nenos e nenas participan na ludoteca infantil

Máis de 70 nenos e nenas de Nigrán gozaron hoxe da ludoteca infantil habilitada polo goberno municipal no Salón de Actos Municipal co obxectivo de axudar a conciliar a vida laboral e familiar dos veciños de Nigrán, nun día non lectivo para practicamente todos os centros escolares do municipio.

A ludoteca pública de acceso libre e gratuíto é unha iniciativa do goberno municipal posta en marcha co obxectivo de axudar ás familias de Nigrán a conciliar a vida laboral e familiar nas vacacións escolares dos máis pequenos da casa, que gozou dunha gran acollida nas súas dúas primeira edicións, con máis de 560 nenos e nenas no pasado nadal e outro tanto nas vacacións de Semana Santa.

O goberno municipal avanza que as familias de Nigrán contarán con este novo servizo municipal tamén no próximo nadal, que na súa segunda edición permanecerá aberta os días 22, 23, 26, 29 e 30 decembro e os días 2, 3 e 7 de xaneiro, de 10.00 a 14.00 horas, no Salón de Actos Municipal.