Concello de Nigrán - deporte

Apostando polo deporte

como elemento de desenvolvemento persoal, saúde e benestar

Deporte de Nigrán

No Concello de Nigrán  podense atopar numerosas entidades deportivas que dinamizan, promoven e fomentan a práctica da actividade físico-deportiva nas súas diferentes manifestacións, e miles de persoas que participan do feito deportivo desde distintas perspectivas.

Neste entorno deportivo, do que forman parte as propias entidades deportivas, deportistas, siareiros e árbitros, o Concello de Nigrán mantén o seu compromiso de traballo e responsabilidade dinamizando estratexias e liñas de apoio e financiación ás entidades, fomentando a participación activa no deporte, investindo na creación de novas infraestructuras e no mantemento das existentes, mellorando na xestión das instalacións deportivas municipais, xerando ofertas atractivas e novidosas para as diferentes inquietudes existentes ou apoiando a celebración de distintos eventos deportivos na localidade.

Asemade, a Concellería de Deportes ten a firme intención de manter unha oferta de servicios, actividades, programas e escolas deportivas de calidade que potencien o noso sistema deportivo local e faciliten o acceso e participación da poboación na actividade físico-deportiva.

Axenda deportiva

Fechas no válidas
Fechas no válidas
Fechas no válidas
Fechas no válidas
Fechas no válidas

Instalacións deportivas