Curso formativo para colaborar no Rallye Internacional Rías Baixas-Deputación de Pontevedra

O próximo 30 de maio celebrarase o Rallye Internacional Rías Baixas-Deputación de Pontevedra, unha proba puntuable para o Campionato de España, desenvolvéndose un dos tramos do rallye nalgunhas estradas do municipio.

Con motivo da celebración da proba e do seu paso por Nigrán, a Escudería Rías Baixas convoca ás persoas interesadas en participar de forma voluntaria na organización deste evento a un curso gratuíto orientado a desenvolver labores de información e de seguridade no transcurso da carreira, que se celebrará o vindeiro sábado 24 de maio ás 18.00 horas nas instalacións do Centro Antena.

As persoas interesadas en participar deberán porse en contacto coa Escudería Rías Baixas, a través do teléfono 986 203 370 ou do correo electrónico erb@escuderiariasbaixas.org.