Calendario 2015 para a tramitación do DNI en Nigrán

O Concello de Nigrán informa do calendario previsto para este 2015 para a tramitación do DNI nas dependencias municipais. As datas nas que a unidade móbil desprazarase até o termo municipal pódense consultar na páxina Web do concello, pero serán a última semana de cada mes, excepto en decembro, que se adianta ao día 14 polas festas.

A cita poderá solicitarse a principios de cada mes, no teléfono 986 383 929, en horario de 8.30 a 15.00 horas, ou nas oficinas da Policía Local, no mesmo horario, situada na Praza da Constitución, número 1, baixo.