SAÚDA

A educación é o futuro do noso municipio, polo que dende o Concello de Nigrán promoveremos programas de reforzo escolar para familias desfavorecidas, apoiaremos sempre aos centros educativos públicos e ás AMPAS ao tempo que non escatimaremos esforzos para mellorar as infraestruturas.

Ademais, cremos que o deporte é, sen dúbida, un elemento de desenvolvemento persoal,  de saúde e benestar e un factor que achega saúde física e mental, polo que loitaremos pola súa potenciación. Ademais, colaboraremos activamente coas entidades de Nigrán, especialmente co deporte base e cos deportistas de elite que levan o nome do noso municipio polo mundo.

José Luis Sanromán Román
Concelleiro de Educación e Deportes

AVISOS

El teléfono de la parada de taxi de Nigrán es el 986 36 54 09.