NOVAS

Deportes e Educación

07/04/2014

O alcalde recibe a 40 alumnos ingleses do programa de intercambio Overseas

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Educación, Carmen Alonso-Macías, recibiron hoxe os máis de 100 alumnos dos colexios de Panxón e Mallón e o inglés St. Catherine ´ s, que se encontran estes días gozando do municipio como resultado dun intercambio dentro do proxecto Overseas.

En total, 40 nenos e nenas ingleses, acompañados dunha trintena de adultos entre profesores, titores e pais, que coñecerán durante a próxima semana a cultura e o patrimonio natural de Nigrán e o sur da provincia de Pontevedra. Na súa intervención, o rexedor municipal felicitou pais e profesores polo esforzo realizado para facer un ano máis realidade esta iniciativa, "que fomenta o desenvolvemento das relacións persoais entre alumnos galegos e ingleses, presentándose como unha oportunidade única para ambos os dous colectivos de coñecer unha cultura e un país diferente", e invitou a pais e alumnos a que repitan Nigrán como destino tamén fóra do programa Overseas.

Volver