NOVAS

Facenda, Contratación e Desenvolvemento Local

18/07/2014

O interventor municipal informa que a enmenda ao orzamento presentada por UCN non se axusta a dereito

A Intervención Xeral do Concello de Nigrán informou a emenda ao orzamento de 2014 presentada polo concelleiro de UCN, Antonio Fernández Comesaña, no pleno do mes de xuño, "unha emenda que foi ampliada coas achegas do PSOE", lembra o rexedor municipal, Alberto Valverde. Do devandito informe extráese literalmente que dita emenda non se axusta a dereito, polo que non debería considerarse á hora de decidir a aprobación do orzamento de 2014.

A ilegalidade da emenda susténtase, dunha parte, en que propón modificacións en partidas irrealizables no momento actual, tanto desde un punto de vista xurídico como económico, xa que daría lugar a unha ilegalidade nas contas municipais.

En relación á tramitación de todas as modificacións de crédito, mesmo a nivel de partidas, o interventor municipal sinala no devandito informe que dita proposta dificultaría enormemente a xestión dos servizos económicos municipais, "ademais de engordar o gasto en asistencia a plenos, xa que deberían convocarse para aprobar calquera modificación", apunta o concelleiro de Economía, Facenda e Persoal, Alberto García.

En todo caso, o informe recolle que, de realizarse dita proposta, debería levar a cabo nun orzamento que iniciase a súa actividade a principios do ano, "non no mes de xullo, que é a circunstancia na que nos atopamos", engade.

Consecuencias
En relación ás consecuencias de traballar co orzamento prorrogado de 2013 que o equipo de goberno avanzaba semanas atrás, Valverde recoñece que xa se están producindo, "xerando serios problemas nas actividades turística, cultural e deportiva, así como imposibilitando a esta administración a xeración de emprego directa e indirecta, a través da contratación de obras e subministracións".

O rexedor municipal insiste en que todas estas cuestións deberían facer avaliar a todos os corporativos presentes no pleno do próximo xoves sobre a importancia e transcendencia para os veciños deste municipio, e para a súa actividade económica, de seguir funcionando co orzamento prorrogado o que resta de exercicio, así como non aprobar o presentado a pleno, "que recolle as propostas realizadas ao longo dos últimos meses polos grupos da oposición".

"Os cidadáns e os seus intereses deben ser sempre o eixo da política, a todos os niveis, e de forma especial nos tempos que corren. É hora de que os políticos deixemos de lado, na medida do posible, confrontacións partidistas e pensemos no benestar e crecemento dos veciños e do noso municipio", conclúe o rexedor.

Volver

AVISOS

Las fechas en las que se podrá tramitar la renovación o solicitud del DNI en el Ayuntamiento de Nigrán este año son:

- 23 Enero (citas a partir del 2 de Enero) día 26
- 20 Febr. (citas a partir del 1 de Febr.) día 23
- 20 Marzo (citas a partir del 1 de Marzo) día 23
- 24 Abril (citas a partir del 3 de Abril) día 27
- 16 Mayo (citas a partir del 2 de Mayo) día 22
- 21 Junio (citas a partir del 1 de Junio) día 26
- 15 Sept. (citas a partir del 1 de Sept.) día 20
- 18 Oct. (citas a partir del 2 de Oct.) día 23
- 16 Nov. (citas a partir del 2 de Nov.) día 21


Para solicitar cita pueden llamar al teléfono 986.383.929 en horario de 8:30 a 15:00h de Lunes a Viernes, o bien personarse en las oficinas de la Policía Local en el mismo horario, sitas en Plaza Constitución nº1 Bajo(Edif. Nuevo).