Centro Antena

Localización: Avda. Otero Pedrayo 52. CP: 36350 Nigrán.
Horario xeral: luns, mércores, xoves e venres das 10:00 ás 14:00 e das 17:00 ás 20:00 horas.
Horario de verán (15 de xuño ao 15 de setembro): luns, mércores, xoves e venres de 10.00 a 14.00 horas.
Os martes o Centro Antena permanecerá pechado ao público por razóns organizativas.
Teléfono: 986 366 572
Fax: 986 366 535
Enderezo electrónico: centroantena@nigran.org //orlaboral@nigran.org
 
Orientadora Laboral:
Horario xeral: de luns a venres, das 08:00 ás15:30 horas.
Horario xeral de verán (dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro): de luns a venres, das 08:00 ás 14:30 horas.
Axente de Emprego e Desenvolvemento Local:
Horario xeral: de luns a venres, das 07:30 ás 15:00 horas.
Horario de verán (15 de xuño ao 15 de setembro): de luns a venres, das 07:30 ás 14:00 horas.
*Nota: estes horarios poderán sufrir modificacións en función das necesidades administrativas que poidan xurdir, da programación de accións formativas...
O Centro Antena fundouse cos obxectivos de fomentar o desenvolvemento local a través de accións relacionadas coas novas tecnoloxías, a formación, o emprego, a dinamización empresarial e comercial, promoción de actividades socio-laborais-culturais, etc.

Nas súas instalacións conta cunha sala de novas tecnoloxías con conexión a Internet banda ancha 10 Mbps, con 16 equipos (dous adaptados para persoas con discapacidades); sala de formación, reunión e exposición con capacidade para 65 persoas; orientación laboral; aulas de formación con capacidade para quince persoas e unha área de recepción e atención ao público. Tamén pon a disposición doutros departamentos do concello, así como de asociacións ou colexios, o alugueiro de material audiovisual baixo rexistro e petición previa e o uso das instalacións.

A figura da orientadora laboral deste departamento é fundamental, xa que actúa como instrumento dinamizador para a veciñanza de Nigrán na consecución dun posto de traballo adecuado e adaptado a cada persoa. Así mesmo, Nigrán é o único municipio do Val Miñor que conta con esta figura.

Non existen elementos dados de alta no sistema

AVISOS

El tel茅fono de la parada de taxi de Nigr谩n es el 986 36 54 09.