NOVAS

Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio

08/01/2015

Nigrán comeza o plan de accións formativas de 2015 cun curso de ofimática

O Concello de Nigrán inicia a programación de accións formativas para os veciños de Nigrán de 2015 coa apertura do prazo de inscrición para un curso de ofimática, prioritariamente dirixido a persoas en situación de desemprego empadroadas en Nigrán, que queiran mellorar os seus coñecementos nesta área, moi importante de cara á procura de emprego.

O curso impartirase nas instalacións municipais do Centro Antena, na Rúa Otero Pedrayo, número 52, entre o 26 de xaneiro e o 6 de marzo, os luns, mércores e venres, de 10.30 a 13.30 horas.

As persoas interesadas en participar deberán presentar a solicitude de inscrición no Rexistro municipal, entre os días 12 e 21 de xaneiro, cubrindo unha instancia que estará á súa disposición no propio rexistro, no Centro Antena ou no Departamento de Emprego, achegando unha fotocopia do DNI, o curriculum vitae e a certificación de inscrición no Servizo Público de Emprego.

Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena no teléfono 986 366 572 e co Departamento de Emprego, no 986 365 000, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org, orlaboral@nigran.org e tle.nigran@nigran.org.


Lea el siguiente documento: 543_2_INSCRICION_CURSO_OFIMATICA.pdf

Volver