NOVAS

Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio

14/07/2014

O concello outorga ao SERGAS a licenza para o novo centro de saúde de Panxón

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, asina o decreto mediante o cal o Concello de Nigrán outorga ao SERGAS a licenza municipal de actividade para o novo centro de saúde de Panxón e avanza que, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, "a nova infraestrutura sanitaria estará en funcionamento no segundo semestre de 2015".

A Consellería de Sanidade adiantou ao rexedor que a obra está en período de licitación, pero a súa adxudicación farase efectiva nas próximas semanas. "Deste xeito, e atendo ao período de execución do proxecto ?establecido nun tempo máximo de quince meses- o novo centro de saúde de Panxón estará operativo e a pleno rendemento o próximo ano", observa Valverde.

A construción desta nova instalación da rede sanitaria pública galega, cun investimento de 1,3 millóns de euros, está cofinanciada con fondos europeos e enmárcase dentro do obxectivo da Estratexia Sergas 2014 de modernizar as infraestruturas da rede de atención primaria, para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e a contorna de traballo dos profesionais.

O rexedor municipal subliñou a importancia deste investimento por parte da Consellería de Sanidade, "un investimento que constata unha vez máis o compromiso da administración autonómica co municipio e que dará cumprimento a un compromiso adquirido cos nosos veciños en maio de 2011", apunta.

Volver

AVISOS

Las fechas en las que se podrá tramitar la renovación o solicitud del DNI en el Ayuntamiento de Nigrán este año son:

- 23 Enero (citas a partir del 2 de Enero) día 26
- 20 Febr. (citas a partir del 1 de Febr.) día 23
- 20 Marzo (citas a partir del 1 de Marzo) día 23
- 24 Abril (citas a partir del 3 de Abril) día 27
- 16 Mayo (citas a partir del 2 de Mayo) día 22
- 21 Junio (citas a partir del 1 de Junio) día 26
- 15 Sept. (citas a partir del 1 de Sept.) día 20
- 18 Oct. (citas a partir del 2 de Oct.) día 23
- 16 Nov. (citas a partir del 2 de Nov.) día 21


Para solicitar cita pueden llamar al teléfono 986.383.929 en horario de 8:30 a 15:00h de Lunes a Viernes, o bien personarse en las oficinas de la Policía Local en el mismo horario, sitas en Plaza Constitución nº1 Bajo(Edif. Nuevo).