NOVAS

Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio

05/06/2014

Convocatoria do programa de balnearios da Deputación de Pontevedra Saúde e Benestar 2014

O Concello de Nigrán informa sobre a convocatoria do programa de balnearios Saúde e Benestar 2014 da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que dá a opción a maiores e pensionistas de gozar de estancias de seis días e cinco noites en balnearios e hoteis con spa da provincia, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

Os establecementos participantes este ano son Talaso-Oia, Galatea-Sanxenxo, Gran Talaso-Sanxenxo, Carlos I-Sanxenxo, Spa Nanín Praia Sanxenxo, Herperia Illa da Toja, Talaso Louxo A Toxa Norat-O Grove, Spa Via Argentum Silleda, oscilando os prezos por persoa entre os 155 e os 215 euros, dependendo do establecemento seleccionado.

O programa está dirixido a persoas nadas antes de 1964 ou pensionistas da seguridade social, que non padezan ningunha enfermidade incompatible coa actividade e que estean en condicións de total autonomía. O prazo para solicitalo termina o 30 de xuño. As persoas interesadas deberán dirixirse, previa cita, ao Departamento de Servizos Sociais de Nigrán, no teléfono 986 36 50 00 extensión 4.


Volver