NOVAS

Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio

27/11/2013

Visita ás Termas de Monçao

O Concello de Nigrán organiza para o vindeiro xoves 12 de decembro unha visita ás Termas de Monçao (Portugal) dirixida prioritariamente a xubilados e pensionistas empadroados en Nigrán. A xornada comezará ás 9.00 na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón, desde onde partirá un autobús á cidade lusa, para regresar ás 19.00 horas a Nigrán.

A excursión, cun prezo por persoa de 30 euros, inclúe visita das instalacións das termas, acceso ao circuíto termal, xantar no restaurante das termas e visita á feira de Monçao, situada a escasos 300 metros da zona termal.

Os interesados en participar deberán porse en contacto co departamento de Servizos Sociais entre o 25 e o 29 de novembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas.


Volver