NOVAS

Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio

15/07/2013

Programa Saúde e Benestar da Deputación de Pontevedra

O Concello de Nigrán informa que a Deputación Provincial de Pontevedra, organiza e convoca o Programa Saúde e Benestar 2013. Este programa consiste en gozar de estancias permanentes durante 6 días e 5 noites en balnearios ou hoteis con SPA da provincia, en réxime de pensión completa, podendo recibir atencións especializadas en tratamentos termais, de saúde, benestar, etc.

Entre os establecementos adheridos a esta iniciativa figuran Talaso-Oia, Galatea-Sanxenxo, Gran Talaso-Sanxenxo, Carlos I-Sanxenxo, Herperia Illa da Toja, Talaso Spa-Moaña, Norat -O Grove e Torre do Deza-Lalín. Os prezos, destinados a maiores de 50 anos e pensionistas da Seguridade Social, oscilan entre 155 ? e 210 ? por persoa. O prazo para solicitalo finaliza o próximo 30 de xullo. Os interesados poderán dirixirse, con cita previa, aos Servizos Sociais de Nigrán, no teléfono 986 365 000, extensión 4.

Volver