A proba galega de surf saldouse con cinco do sete podios posibles en mans de surfeiros locais

A praia de Patos acolleu o pasado fin de semana a penúltima proba do Circuíto Galego de Surf na categoría junior, organizado pola escola local Prado Surf, en colaboración co Concello de Nigrán e a Federación Galega de Surf, e na que participaron máis de 120 surfeiros procedentes de distintos puntos da xeografía galega.

As condicións climatolóxicas e das ondas non puideron ser mellores fixeron da praia de Patos un fervedoiro de xente ao longo de todo o fin de semana. Os participantes e os seus amigos e familiares, xente paseando e gozando dunha xornada deportiva na praia, e outros surfeiros en distintos puntos da praia fixeron que este areal nigranés estivese a pleno rendemento.

Os surfeiros locais obtiveron moi bos resultados, alcanzando cinco do sete podios dispoñibles. O local Leo Zambrano despregou un surfing súper potente todo o fin de semana, impóndose finalmente na final sub 16. Luís Ansín, de A Lanzada, levou a mellor nota nunha onda por un aéreo bestial, facéndose co terceiro posto na categoría Sub 18, na que gañou Martín Cortijo, de A Coruña, mantendo un grandísimo nivel ao longo de todo o campionato.

Nas categorías femininas as gañadoras foron Paula Paz, en Sub 18 e a local Cristina Iglesias Rey en Sub 16. O tamén local Borja Malvar clasificouse para as finais de sub14 e sub16 cun buenísimo segundo posto na primeira e un terceiro na segunda categoría.